08/03/2013

Oportunidade de ouro en Terceira

Oportunidade de ouro en Terceira

Ao Burela FS Pescados Rubén FS B preséntaselle unha oportunidade de ouro mañá para empoleirarse á segunda praza da Terceira División coa visita a Vista Alegre do pechacancelas da categoría, Grupo 7a9 CAFyD (17.00 horas).



Ademais de concentrarse para non deixar escapar os tres puntos da bomboneira na 24ª xornada, os pupilos de Lucas (45 puntos) terán a vista posta no complicado desprazamento do Pazos de Borbén, que defenderá o segundo posto (46) na pista do 5Coruña FS, oitavo. Ao mesmo tempo tamén estarán á espreita do que lle ocorra ao seu perseguidor máis próximo, O Ventorrillo (44), na casa do líder, O Esteo (55).



O técnico laranxa admite a accesibilidade inicial da cita burelá aínda que tamén  insiste en que non hai lugar para a relaxación, ante un equipo que pode dar a sorpresa. “Pode ser un partido complicado; o rival é mellor do que reflicte a súa clasificación, xa nos fixo sufrir na primeira volta, encontro no que tan só puidemos arrincar o empate (4-4). Este partido debe servir para darlle continuidade ao gran rendemento dos adestramentos destes días; foi unha semana de luxo e debemos rematala cos tres puntos”.



Lucas non poderá dispoñer de Aarón, sen recuperarse aínda dunha escordadura de nocello. Manu, que regresou onte aos adestramentos tras outra escordadura, será dúbida.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.