18/03/2013

Tropezo do Burela FS B en Ventorrillo

Tropezo do Burela FS B en Ventorrillo

O Burela FS B Pescados Rubén non tivo a súa tarde máis acertada o sábado; caeu na pista do Ventorrillo FS por 9-3, resultado moi condicionado pola falta de definición laranxa e a veteranía dos locais.



Con equilibrio sobre a pista durante a primeira parte, a falta de acerto dos mariñáns xa se deixou notar desencadeando na vantaxe para o Ventorrillo, con 3-1 xa ao descanso.



Ao regreso o Burela FS B dominou e gozou das mellores ocasións; así nos primeiros minutos puido reducir distancias (3-2). Despois de desaproveitar dous goles cantados a porta baleira e cando todas as sensacións indicaban que os de Lucas podían darlle a volta ao luminoso, chegou  o 4-2, en contragolpe. Lonxe de resignarse, o cadro laranxa seguiu creando perigo ante a portería do Ventorrillo, que subiu o 5-2 noutra contra. O Burela FS B reaccionou con porteiro xogador,  unha decisión coa que non conseguiron sorprender a meta rival e a perda de balóns lles custou o definitivo 9-3.



Ficha técnica



Ventorrillo  FS:  Alexandre, Edu, Javi Alvéndiz, Borja e Pablo. Tamén xogaron Alberto, Xoel, Alan, Sergio, Raúl, Adrián e Rouco.
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Antón  e Keko. Tamén xogaron  Carlos, Manuel,  Souka  e Hélder.
Goles: Polo equipo local Edu (2), Sergio, Pablo, Borja, Alan (2) e Adrián. Polo Burela FS B Manuel (2), Souka 1 e Bruno de Nois (1) en propia porta.
Árbitros:   González Lubián e Otero Baltasar.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.