26/03/2013

Segovia e Sarria, destino das promesas laranxas en Semana Santa

Segovia e Sarria, destino das promesas laranxas en Semana Santa

As promesas da ED EON Burela FS gozarán das vacacións escolares da Semana Santa con dous desprazamentos futbolísticos. O I Torneo Kelme Cup Ciudad de Segovia será o destino dos cadetes entre o xoves 28 e o sábado 30. Un pouco máis preto, sen saír da provincia, os alevíns mediranse ao Sarria Peña Españolista, o xoves, coincidindo coa fase final da Copa Galicia Masculina e Feminina, na Terra Chá.



O cadete laranxa, dirixido por Christian Fustes, medirase na primeira eliminatoria, entre o xoves e o venres, ao navarro Ríos Renovables, o madrileño Grucer FS e ao anfitrión. O outro grupo estará composto pola Selección de Madrid, Santiago Futsal, Zaragoza e o Rivas Atlantis capitalino. O pavillón Pedro Delgado acollerá os dous primeiros de grupo o sábado en semifinais, a partir das 11.15 horas. Pola tarde, decidirase o título, ás 18.00 horas; ás 16.30 horas dirimiranse o terceiro e cuarto posto.



A localidade sarriá tamén recibirá os alevíns burelistas nun amigable co Peña Españolista, ás 12.00 horas (pavillón Novo O Chanto), como limiar da festa da Copa Galicia. A final feminina, entre Ponte Ourense e Cidade das Burgas, está prevista para as 18.00 horas; polo título masculino pelexarán Santiago Futsal e Azkar Lugo, a partir das 20.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.