A bicicleta MMR doada por Cerezo Bikes xa roda pola vila burelá
Os xerentes de Cerezo Bikes, o ex–ciclista José Antonio Cerezo e a duatleta María Fernández, fixeron entrega hai uns días da bicicleta MMR doada ao CD Burela FS para un sorteo. O posuidor do número gañador (0079), o socio laranxa número 44 Ramiro Fernández Rey, acudiu ata o negocio burelao para recoller o premio.
Cerezo Bikes é o soño feito realidade de dous mozos apaixonados polo deporte e moi especialmente polo mundo da bicicleta. Dende o número 185 da avenida Arcadio Pardiñas, axudan a amateurs e expertos a elixir os produtos que máis se adapten ás necesidades de cadaquén, entre unha amplísima gama de bicicletas complementos, roupa e calzado, que completa unha sección especializada en produtos de segunda man.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas