06/04/2013

O Burela FS mantense firme con triunfo contundente en Valladolid (3-6)

O Burela FS mantense firme con triunfo contundente en Valladolid (3-6)

O Burela FS Pescados Rubén mantense firme ao axexo do cume de Primeira División RFEF tras o contundente triunfo desta tarde na complicada pista do Valladolid (3-6). As pupilas de Javier Pardeiro demostraron dominio absoluto do partido, cunha perfecta concentración que lles concedeu unha vantaxe de 0-3 no descanso, que chegou ata o 0-6 no minuto 30.



O Burela adiantouse aos catro minutos por mediación de Lucía Nespereira, aproveitando un rexeitamento para rematar desde dez metros. O tempo reafirmou o control das burelistas, ben situadas sobre a pista para ampliar as distancias no marcador. Así, no minuto 16, volveu deixarse ver a puntería mariñá, con Haydee, á saída dun saque de banda en lanzamento exterior, e Peque, alcanzando un rexeitamento desde o punto de penalti. Con 0-3 valisoletanas e galegas chegaron ao descanso.



No segundo tempo, o Valladolid non puido facer nada para conter a furia irresistible das laranxas, ávidas de gol. Dany sentenciou o 0-4, ao segundo pau tras pase de Peque, e segundos máis tarde, foi a propia Peque a que volvía aparecer para subir o 0-5, ao irse de Fátima e bater a Lorena. As locais responderon con porteira xogadora e chegou o 0-6 con hat-trick de Peque. Mantendo o xogo de cinco, Inma inaugurou o luminoso para as valisoletanas, no minuto 34. No 37 e o 39, Rosana, a pase de Fátima, e Amelia, cun potente remate desde seis metros, reduciron distancias ata 3-6, sen que o nerviosismo puidese aparecer nas filas laranxas.




 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.