08/04/2013

Noé Cabana e Cristian García proclámanse campións de España con Galicia Infantil e Cadete

Noé Cabana e Cristian García proclámanse campións de España con Galicia Infantil e Cadete

Os laranxas Noé Cabana e Cristian García regresaron esta fin de semana de de terras valencianas co título de España Infantil e Cadete respectivamente, no Campionato de Seleccións de Base de Oropesa del Mar (5-7 de abril). 



O combinado irmandiño infantil, de Noé Cabana, coouse na final con 4 puntos, superando en goal average a Murcia, despois de impoñerse a Castela A Mancha (1-11) e empatar cos murcianos (3-3). Na gran cita venceu con contundencia a Estremadura (6-1).



A selección cadete, con Cristian García, conseguiu o billete para a loita polo título como primeiro de grupo, varrendo a Valencia (0-10) e a Castela A Mancha (0-13). Proclamouse campión tamén con solidez fronte a Andalucía (3-6). Cristian destacou entre os goleadores, con 4 tantos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.