09/04/2013

Xunt@s, na busca do título de Primeira

Xunt@s, na busca do título de Primeira

A falta de seis xornadas para o remate ligueiro, o Burela FS Pescados Rubén de Javier Pardeiro segue dependendo de si mesmo para incluír na vitrina laranxa o primeiro título da elite futbolística para a entidade. A dous puntos do Atlético de Madrid Navalcarnero (57) e coa xornada de descanso pendente para ambas as escuadras, o cadro burelista pode dar moito que falar. Este sábado (18.30 horas) comeza o gran reto, con entrada gratuíta para a chegada do Centelles á bomboneira e o descanso das madrileñas.



Para agradecer o apoio demostrado durante toda a tempada e seguir pelexando por chegar o máis alto posible, co ambiente especial da afección laranxa, o Burela FS Pescados Rubén ofrecerá acceso libre na Primeira División Feminina ata o final da liga. Vista Alegre tamén abrirá as súas portas con entrada gratuíta o día 27, co Ciudad de Alcorcón, e na penúltima xornada, na posible loita definitiva pola primeira praza, coa visita do Atlético de Madrid Navalcarnero. O equipo laranxa descansará na última xornada.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.