13/04/2013

Goleada e liderato

Festival goleador e liderato para o Burela Pescados Rubén que endosou un contundente 10-0 a un voluntarioso pero inofensivo Femení Centelles. O duelo desigual entre a candidatura laranxa ao título e o colista non tivo cor desde o inicio.
Goleada e liderato

As mariñanas non pecaron de exceso de confianza e marcaron un ritmo de xogo letal para un Centelles que resistiu ata o minuto 9. Dany comezou a rendibilizar a abafadora superioridade local, marcando o 1-0 e rápidamente Peque aumentou a renda logrando o 2-0. As catalás apenas xeraron perigo na meta defendida por Patri, o seu único obxectivo era resistir o acoso local que non cesaba. Lara fulminou calquera atisbo de esperanza visitante marcando o 3-0 co que se chegou ao descanso.



Na segunda parte, as mariñanas seguiron coa mesma actitude e os goles foron chegando en oleadas ata redondear o marcador co definitivo 10-0. As benjaminas do equipo; Lara, Silvia e Paula estreáronse como goleadoras nunha competición que entra na súa recta final co Burela Pescados Rubén no liderato.



 



Ficha técnica




Burela Pescados Rubén: Patri; Lucía Nespereira, Haydée, Lidia y Peque –cinco inicial- Dany, Dolo, Maite, Lara, Paula e Silvia.




AE Centelles: Andy; Carri, Vieites, Manzi y Rifi –cinco inicial- Guti, Cris e Sandra.




Goles: 1-0, min. 9 Dany; 2-0, min. 10 Peque; 3-0, min. 15 Lara; 4-0, min. 24 Silvia; 5-0, min. 25 Lidia; 6-0, min. 32 Lara; 7-0, min. 32 Lidia; 8-0, min. 33 Paula; 9-0, min. 33 Maite; 10-0, min. 36 Maite.




Colegiados: Granda Candas e Valdés Obaya do colexio asturiano. Amonestaron con cartón amarelo a Sandra do Centelles.




Pabellón Vista Alegre: 400 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.