15/04/2013

O Burela FS B conserva a segunda praza tras o 2-0 ao Coruxo

O Burela FS B conserva a segunda praza tras o 2-0 ao Coruxo

O Burela FS Pescados Rubén B segue na segunda praza da Terceira División, privilexio concedido polo 2-0 ante o Coruxo. Con este resultado, os pupilos de Lucas avantaxan en cinco puntos aos vigueses e manteñen o empate co Pazos de Borbén, que tamén se impuxo nesta xornada, ao Bueu.



 



Os laranxas fixéronse co encontro a pesar de certas incertezas en ataque. Ao descanso, xa chegaron por diante grazas a un lanzamento de Manu, dende os quince metros, no minuto 17. No segundo período, o gol resistiuse, aínda que os mariñáns tampouco sufriron en defensa. Sobre a bucina, Manu volveu aparecer para sentenciar co 2-0.



 



O cinco inicial dos burelistas estivo composto por Brais, Bruno de Nois, Keko, Manu e Antón; tamén xogaron Carlos, Aarón, Hélder e Souka.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.