19/04/2013

Vilalba, último compromiso a domicilio para o Burela FS B

Vilalba, último compromiso a domicilio para o Burela FS B



O Burela FS Pescados Rubén B pechará os compromisos a domicilio na pista do Vilalba FS mañá (19.00 horas) custodiando o título da segunda praza. O cadro de Iván Cao, Lucas, segue dependendo de si mesmo para rematar como subcampión da categoría, pero para iso precisa arrebatarlles os tres puntos aos da Terra Chá, décimos con 41 puntos, arroupados por unha numerosa afección.

Empatado coa escuadra laranxa (55 puntos), o Pazos de Borbén recibirá o Leis Pontevedra, noveno (42). Tamén dispón de opcións para poñer en perigo o privilexio burelista o Ventorrillo, cuarto con 53, que se mide como local ao antepenúltimo, o Cafyd (18).

Lucas tan só contará coa dúbida de Fabio, convocado por Juanlu para disputar o derbi lugués de Primeira LNFS en Vista Alegre (13.00 horas).

Na primeira volta os mariñáns dominaron o marcador, con 4-1.

A estrea de Terceira para os laranxas porá o broche de ouro na casa, en derbi comarcal, fronte A Fuga Xove FS, o 27 de abril.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.