23/04/2013

O CD Burela FS convoca eleccións para o 1 de xuño

O CD Burela FS convoca eleccións para o 1 de xuño

O CD Burela FS Pescados Rubén terá nova Xunta Directiva. Así o acordou onte a Asemblea Extraordinaria de Socios/as, que aprobou a proposta de  convocar eleccións para o sábado 1 de xuño.


Os socios laranxas tamén deron o visto e prace á inclusión do regulamento electoral nos estatutos da entidade. Aceptada esta modificación no réxime fundacional do club, foi constituída a comisión de garantías electorais, formada por Diego Fernández e Lorenzo Fernández, como socios de menor idade e maior idade presentes na asemblea respectivamente; Antonio Couto, como directivo da xunta saínte; e Fernando López, xerente do club.


O calendario electoral queda fixado do seguinte xeito:


- Do mércores 1 de maio de 2013 ao mércores 15, presentación de candidaturas
- Venres 17 de maio, convocatoria da Asemblea Extraordinaira, con data sábado 1 de xuño 2013, para votación e proclamación da nova Xunta Directiva
- Sábado 1 de xuño, votacións no Salón de Conferencias de Burela, de 11.00 a 13.00 horas. Proclamación da nova Xunta Directiva, ás 13.30 horas


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.