26/04/2013

Construíndo un soño

Tres partidos. Nove puntos. Este é o novo desafío que deben superar as guerreiras laranxas para saborear a gloria das campionas. A ponte deseñada por Javier Pardeiro e executado excepcionalmente polas súas pupilas para conquistar a Liga, ác
Construíndo un soño



Obxectivo inmediato: conquistar a vitoria ante o equipo revelación da Primeira División, o Cidade de Alcorcón, terceiro clasificado con 46 puntos. O Burela FS Pescados Rubén lidera a clasificación con 61 puntos, un máis que o Atlético de Madrid Navalcarnero, segundo, que xa descansou mentres que ás mariñanas a súa quenda de descanso chega na derradeira xornada de competición.


Entrada gratuita. Vista Alegre. Sábado 27. 18.30 horas. Estas son as coordenadas para que a afección laranxa ofreza, unha vez máis, o seu apoio incondicional a un equipo con traxectoria intachable e moi próximo a certificar a súa condición de histórico.

 

Unha das máximas goleadoras, 25 goles, do equipo mariñao é Dany que agarda un partido “moi intenso e complicado ante un rival que xa nos gañou na primeira volta, aínda que foi un partido no que gozamos de moitas ocasións que non soubemos aproveitar”. A motivación e a ilusión do equipo “é máxima, estamos preparadas para pelexar cada balón. Temos un obxectivo precioso ao noso alcance e queremos alcanzalo”


Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.