30/04/2013

Presentación de candidaturas á Xunta Directiva do CD Burela FS, entre o 1 e o 15 de maio

Presentación de candidaturas á Xunta Directiva do CD Burela FS, entre o 1 e o 15 de maio

O prazo de presentación de candidaturas ás eleccións da Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén (sábado 1 de xuño) estará aberto entre o 1 e o 15 de maio, segundo quedou aprobado en Asemblea Extraordinaria de Socios/as o pasado 22 de abril.

 

Calendario electoral:

- Do mércores 1 de maio de 2013 ao mércores 15, presentación de candidaturas
- Venres 17 de maio, convocatoria da Asemblea Extraordinaria, con data sábado 1 de xuño 2013, para votación e proclamación da nova Xunta Directiva
- Sábado 1 de xuño, votacións no Salón de Conferencias de Burela, de 11.00 a 13.00 horas. Proclamación da nova Xunta Directiva, ás 13.30 horas


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.