03/05/2013

Diagonal cara á final

Última estación para o CD Burela FS Pescados Rubén no seu obxectivo de converter o duelo ante o Atlético de Madrid Navalcarnero, próxima semana, na gran final pola conquista da Liga de Primeira División.
Diagonal cara á final



As cazadoras de soños trazarán unha diagonal completa para arribar en Roldán (Murcia) onde se enfrontarán, domingo día 5 ás 12.00 horas, a un conxunto murciano que está realizando unha gran tempada no seu debut na categoría, malia perder varias posicións nas últimas xornadas. Coa salvación asegurada fai tempo, duodécimas con 25 puntos, o Roldán “xogará sen ningún tipo de presión. Isto non significa que nos entreguen o partido. Será un encontro complicado ante un equipo bo técnicamente e que xoga con descaro” manifestou o adestrador burelés, Javier Pardeiro, que vaticina un choque “moi intenso, no que debemos ter a tranquilidade necesaria para impoñer o noso estilo. Na súa casa son un rival complexo que non encaixa con facilidade. Todos os nosos sentidos deben estar enfocados en conquistar os tres puntos”.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.