08/05/2013

ASOLAGA VISTA ALEGRE DE LARANXA!

ASOLAGA VISTA ALEGRE DE LARANXA!

O sábado o mar de Burela será laranxa e estará en Vista Alegre para asolagar a festa por excelencia do fútbol sala. O Burela FS Pescados Rubén terá ese día unha cita coa historia para facerse co título ante o Atlético de Madrid Navalcarnero (20.00 horas, en directo TVG2). Axúdanos a engalanar este soño e vístete de laranxa para acudir á Bomboneira! 


A bancada estará preparada para recibir as guerreiras burelistas para unha fazaña sen precedentes cun mosaico no horizonte que recreará o Gran Sol Laranxa ao que rende homenaxe o noso himno.


 


Entrada gratuíta. Todos os afeccionados/as poderán presenciar o espectáculo de forma totalmente gratuíta, previo paso por taquilla para recoller a súa invitación. Os socios/as, se o prefiren, poderán retirar a súa entrada na sede da entidade (Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela) o xoves e o venres (10.00-13.30//16.00-19.00).


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.