15/05/2013

Recepción ás campioas de Primeira na Deputación de Lugo

Recepción ás campioas de Primeira na Deputación de Lugo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, recibiu onte pola tarde na Deputación de Lugo as xogadoras, equipo técnico e directivos do Burela FS Pescados Rubén, que veñen de proclamarse campións da liga de Primeira División RFEF. Antonio Veiga deulles persoalmente os parabéns ás xogadoras e afirmou que “o Burela FS Feminino vén de facer historia ao ser o primeiro equipo lucense de deporte colectivo que gaña o título nunha competición a nivel estatal. O mérito do acadado por estas rapazas é inmenso, mais tiña que ser así, que a maior alegría para Lugo dun deporte de equipo viñese da man dun conxunto feminino”. 



Na recepción oficial tamén participaron a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez; o responsable da Área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro; e a deputada Elena Candia. No acto, Antonio Veiga dirixiu unhas palabras de agradecemento “a estas rapazas e mulleres “mariñeiras” do Burela FS que moven o balón con tanta destreza como moitas mulleres burelás e mariñás moveron con sacrificio os bonitos no porto ou nas conserveiras, construíndo día a día a Burela que hoxe coñecemos”.



 



Máis información na Deputación de Lugo

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.