16/05/2013

Manuel Blanco, candidato á presidencia do CD Burela FS

Manuel Blanco, candidato á presidencia do CD Burela FS

No prazo de presentación de candidaturas á xunta directiva do CD Burela FS Pescados Rubén que finalizou o mércores 15, a Comisión de Garantías Electorias recibiu en tempo e forma a proposta de Manuel Blanco Fanego como novo presidente do club laranxa. O ata agora vicepresidente e tesoureiro da entidade encabeza a única candidatura presentada ás eleccións do 1 de xuño. José Luis Sáez Castro, antigo director xeral e vogal, asumirá a vicepresidencia; Antonio Couto Díez manterase como secretario e Rubén Blanco Fernández, fundador de Pescados Rubén, únese ao proxecto como tesoureiro.



José Ramón González Casas incorporarase á lista de vogais, xunto á continuidade dos empresarios Auditor Rodríguez Lombardía e Javier Cora Díaz e o funcionario Marcelino Luna Almarza; o regreso de Luis Antonio Guillén Menéndez, empregado de Alcoa, e Alberto Fernández Rouco, traballador da construción, que xa formaron parte da historia directiva da entidade; ademais das novidades dos empresarios pesqueiros  Ángel Véquez Fernández e Lino Quelle Casariego, a nutricionista Alba Vila Reija, José Ángel Dovale Gradaílle, traballador de Liteyca, e Carlos Neira Pena, fundador de Frenos Carpe.



O sábado 1 de xuño procederase á proclamación da nova Xunta Directiva (salón de conferencias de Burela), de acordo co artigo 6 do regulamento electoral.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.