20/05/2013

Pleno de acertos no periplo de Copas

Pleno de acertos no periplo de Copas

As hostes laranxas responderon con pleno de acertos no periplo de Copas. Tras a vitoria na ida (2-0), na cita de Terceira División, o Burela FS Pescados Rubén B volveu impoñerse ao Pizzbur Cidade de Viveiro (4-8). Os xuvenís tamén fixeron os deberes con triunfo 3-6, na semifinal de ida.



 



A fase final da Copa de Terceira está prevista para o sábado 1 de xuño fronte ao gañador da semifinal entre Vilalba FS e 5 Coruña FS, que xogarán o encontro de volta o 25 de maio. Ata o momento a vantaxe é para os chairegos, que venceron na ida aos herculinos por 7-2. 



 



Copa Terceira División-Semifinal de volta



Pizzbur Cidade de Viveiro 4-8 Burela FS Pescados Rubén B



 



Copa Nacional Xuvenil-Semifinal de ida



ADFS Bueu 3-6 Burela FS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.