22/05/2013

Pardeiro en Radio Marca con Paco García Caridad

Pardeiro en Radio Marca con Paco García Caridad

Tras a visita á cidade compostelá, Javier Pardeiro trasladouse a Vilagarcía de Arousa para participar no programa radiofónico de deportes ‘Intermedio’, de Radio Marca. O adestrador laranxa compartiu micrófono co subdirector do xornal Marca, Juan Ignacio Gallardo; o director de Radio Marca, Francisco García Caridad, e os xornalistas David Sánchez, Raúl Santamaría, Alberto García e Roberto Gómez.



Pardeiro reflexionou sobre a situación de deporte feminino e súa evolución en presenza e repercusión nos últimos anos, recordou os momentos máis emocionantes do último partido de liga, que lle concedeu ao Burela FS Pescados Rubén a liga de Primeira RFEF e tivo unhas palabras moi especiais de agradecemento tanto para a firme aposta de Pescados Rubén, como patrocinador do proxecto burelista, coma para o apoio da numerosa afección de Vista Alegre que vive con entusiasmo o fútbol sala.



‘Intermedio’, que habitualmente se realiza  en Madrid,  emitiuse onte dende o salón de plenos de Vilagarcía con motivo da presentación do XVIII Arousa Fútbol 7, con entrevistas ao alcalde, Tomás Fole, e a concelleira de Deportes, Elena Suárez. Tamén participaron no programa o secretario xeral para o Deportes, José Ramón Lete, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.