30/05/2013

Ribadeo e Valadouro gozan coas campioas

En representación do Burela FS Pescados Rubén; Lidia, Patri e Jozi visitaron na mañá do xoves día 30 de maio o colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo, donde compartiron a xornada cos alumnos e alumnas de ESO. A invitación do centro r
Ribadeo e Valadouro gozan coas campioas



As campioas comentaron as súas sensacións despois de conquistar o dobrete; Liga da Primeira División RFEF e  Copa de España,  disputada recentemente en Bilbao. Ante a atenta mirada dos alumnos e alumnas, fomentaron a práctica deportiva como hábito saudable e tamén comentaron as esixencias do deporte de competición coma o sacrificio, os adestramentos, a disciplina, as longas viaxes. … O acto finalizou coas correspondentes fotos de rigor coas campioass que asinaron numerosos autógrafos aos alumnos e alumnas do centro mariñán.

Radio Valadouro. Pola tarde, as 19.30 horas outras dúas campioas; Lara e Haydee, acuden á invitación de Radio Valadouro para comentar a súa experiencia dos éxitos acadados recentemente.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.