20/06/2013

Betanzos e A Coruña, destinos das promesas burelistas na estrea estival

Betanzos e A Coruña, destinos das promesas burelistas na estrea estival

A base do club laranxa estreará o verán co VIII Torneo Cidade de Betanzos e a Copa Autonómica Cadete.



Integrada no Grupo A, o sábado a ED EON Burela FS Alevín disputará con Troula Betanzos FS (15.40 horas), 5 A Coruña FS (19.00) e O Parrulo Ferrol FS (23.10). O Grupo B estará composto por Santiago Futsal, A Solaina, Azkar Lugo e Gonzalo Torrente Ballester. No caso de quedar entre os dous primeiros, o equipo mariñán gañarase o billete ás semifinais.



O pavillón do colexio coruñés Liceo La Paz acollerá a Copa Cadete tamén o sábado entre os catro primeiros clasificados da liga. O Burela FS inaugurará a cita fronte ao anfitrión, ás 11.00 horas; ás 12.15 mediranse Azkar Lugo FS e Vigo 2015 FS. Ás 18.15 horas pelexarán polo título os gañadores da mañá; antes, ás 17.00, decidiranse o terceiro e cuarto posto.



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.