25/06/2013

Os cadetes triunfan na Copa e os xuvenís acceden á final

Os cadetes triunfan na Copa e os xuvenís acceden á final

A base laranxa pechou unha excelente fin de semana nas citas copeiras. O Burela FS Pescados Rubén Cadete proclamouse campión da Copa Autonómica e o xuvenil conseguiu o billete para o último chanzo do reto galego.



O conxunto cadete, tutelado na Coruña por Mario Pillado, accedeu á gran final despois de vencer en semifinais ao anfitrión, Colegio Liceo (1-5). O título lucirá na vitrina mariñá,  tras 2-6 ante o ED Vigo 2015 FS. Os xuvenís pola súa banda xogarán a final a vindeira fin de semana fronte ao Parrulo FS; o empate de onte ante a ED Vigo 2015 FS (3-3), xunto á vitoria na semifinal de ida por 2-1, outórgalles o privilexio de loitar pola Copa.



No Torneo Cidade de Betanzos, a participación ED EON Burela FS Alevín saldouse cun triunfo ante o 5Coruña FS (7-0) e dúas derrotas, con Troula FS (0-5) e O Parrulo FS (0-4).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.