09/07/2013

Bea Mateos, nova xogadora laranxa

Bea Mateos, nova xogadora laranxa

A ala-peche internacional Beatriz Mateos Galache será xogadora laranxa en 2013-14. Bea (Salamanca, 1987), que será presentada oficialmente nas vindeiras semanas, chega á Mariña procedente do Lacturale Orvina, sexto clasificado de liga, onde militou as dúas últimas tempadas.



Dende o Depormar de Salamanca en Rexional, a nova xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén deu o salto á Primeira co Valladolid FSF, destino onde recibiu o primeiro chamamento da Selección Española en 2008.



Bea convértese no segundo reforzo do equipo laranxa que dirixirá Quico Otero, tras o regreso da focega Claudia, nun conxunto que se mantén fiel ao bloque, coas renovacións xa formalizadas de Lidia Mesías, Peque, Maite, Jozi, Lara e Paula.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.