26/07/2013

Mediaset España adquire os dereitos de emisión da LNFS

Mediaset España adquire os dereitos de emisión da LNFS

A mellor liga de Fútbol Sala do mundo chega a Energy. Mediaset España adquiriu en exclusiva para a súa retransmisión en aberto e en horario de prime time os dereitos da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) durante as tres próximas tempadas.




O acordo inclúe a emisión en directo dun partido de cada xornada da fase regular da Primeira División, un encontro por xornada da fase de play off polo título, os sete encontros da Copa de España e os partidos de ida e volta da Supercopa de España. Todos estes encontros tamén poderán verse en directo e á carta a través da web Telecinco.es/Energy e a plataforma de vídeos de Mediaset España Mitele.es.



 



LNFS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.