01/08/2013

Ábrese o prazo da inscrición 2013-14 para os Cadetes e Xuvenís Laranxas

Ábrese o prazo da inscrición 2013-14 para os Cadetes e Xuvenís Laranxas

O CD Burela FS Pescados Rubén abrirá mañá a inscrición 2013-14 para as categorías cadete e xuvenil da estrutura laranxa, con prazo ata o mércores 14 de agosto.



Todos os rapaces que o desexen poderán formalizar a súa matrícula cubrindo o formulario que se lles facilitará na sede do club burelista (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela. Horario de luns a venres: 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas).



As probas de selección para os equipos realizaranse entre o xoves 15, para cadetes, e o venres 16, para xuvenís (pavillón Vista Alegre, entre as 16.00 e as 17.30 horas), coa presenza do director da ED Burela FS, Alfonso Mera, o adestrador do Burela FS de Primeira LNFS, Juanlu, e o técnico do Burela FS B de Terceira, Iván Cao, e o monitor Christian Fustes.



 



ED Burela FS. A inscrición da Escola Deportiva Burela FS para o novo curso, destinada ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, prolongarase ata o venres 23 de agosto. A matrícula continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar formulario  na web e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.



Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI do neno/a. Pasaranse tres cotas trimestrais de 45 euros; as datas de cargo serán 15 de novembro, 15 de xaneiro e 15 de abril.



Os alumnos/as da ED recibirán a entrega dun pack deportivo con material de primeira calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, camiseta, mochila, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. A Tenda Laranxa, en Burela, encargarase de xestionar o material directamente para cada neno/a, que ten un custo real de 175 euros dos que só terán que pagar os pais e nais 100 euros, xa que a entidade burelista se fará cargo dos 75 euros restantes por alumno/a.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.