20/08/2013

Xa están dispoñibles os carnés 2013-14

Xa están dispoñibles os carnés 2013-14

Dende hoxe os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén xa poden pasar pola sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, 91, baixo) para recoller o carné da tempada 2013-14, con descontos especiais na clínica Virxe da Mariña.



O horario de atención ao público é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.



A acreditación da nova tempada será necesaria para presenciar o partido de presentación entre o Burela FS Pescados Rubén de Primeira División LNFS e o Inter Movistar, que terá lugar o sábado 31 de agosto en Vista Alegre. A entrada para os non socios será de 10 euros/adult@ e 3 euros/menor de 18 anos.



 



Abonos 2013-14



 



Segundo o aprobado na Asemblea de Extraordinaria do pasado 11 de xuño, os socios/as disporán de 6 modalidades de abonos para 2013-14. No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, preséntanse o Abono Individual (90 euros) e o Abono Familiar (150 euros), que ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, acreditando a relación de parentesco entre os socios/as, excepto os abonados/as antigos, aos que o club premiará a súa fidelidade mantendo os beneficios de Dúo (150 euros). Dentro das tarifas especiais, o club laranxa ofrecerá o Abono de Estudante (40 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos que xustifiquen a condición de estudante, Abono Xuvenil (de 14 a 17 anos), por tan só 30 euros para toda a tempada, e o Abono de Xubilado (60 euros). Nesta nova tempada incorpórase o Abono Infantil (de 0 a 13 anos), por 10 euros. Tamén como novidade, en 2013-14 os socios/as laranxas terán a oportunidade de facer Reserva de Asento para toda a tempada en Vista Alegre co custo de 100 euros; na categoría Familiar poderán reservarse dúas localidades (150 euros).



 



Pincha en Horizonte Laranxa para ver o spot da campaña 2013-14.



 



O pagamento realizarase nunha soa cota, ben por domiciliación bancaria, ben á recollida do abono a principios de tempada.



 



Na páxina web do CD Burela FS, xa teñen á súa disposición o formulario de socios/as 2013-14, que poden cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio. Para máis información, poden acudir á sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela) ou chamar ao número de teléfono 982 58 18 15.



 



 



 



Entradas para Non Socios



 



Os prezos das entradas para os non socios serán de 12 (adulto/a), 5 (xuvenil, 14-18 anos) e 3 (infantil, 0-13 anos) euros para presenciar os encontros de liga na Primeira Masculina e 5 euros (tan só aldultos/as) na Primeira Feminina.



 



 



 



Abonos para tempada 2013-14:



 



Individual: 90 euros
Familiar: 150 euros
Xubilado: 60 euros
Estudante (18-25 anos): 40 euros
Xuvenil (14-17 anos): 30 euros
Infantil (0-13 anos): 10 euros



 



Reserva de asento: 100 euros (150 euros para Familiar coa reserva de dúas localidades)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.