21/08/2013

Comeza a preparación do Burela FS de Terceira

Comeza a preparación do Burela FS de Terceira

O Burela FS Pescados Rubén B xa comezou coa preparación da súa segunda tempada en Terceira División. O cadro, que volverá estar dirixido por Iván Cao Valle, Lucas, xa adestra dende o luns pasado.



Xunto a Antón, Keko, Manu e aos xuvenís Hélder, Jardel, Miguel, Pancho, Aitor, Rubén e Erik, súmanse o porteiro Javi Fajardo e Antón, dende o Superti A Pontenova, e o viveirense Xoel Otero, do Ventorrillo FS. O xuvenil Alemán, Carlitos e Brais, en plena pretempada co Burela FS de Primeira LNFS, tamén figurarán entre as preferencias do proxecto.



O cadro burelista competirá na súa segunda tempada en Terceira co Santiago Futsal, co que arrancará a liga o 28 de setembro e lonxe da casa, os tamén mariñáns Superti A Pontenova e SD Xove FS, o Vilalba, os coruñeses Troula FS, Ribeira FS e 5 Coruña FS, o ourensán O Carballiño FS e os pontevedreses  Pazos de Borbén FS, A Estrada, ADFS Bueu, Leis Pontevedra FS e Concello de Vigo IES Coruxo.



Os pupilos de Lucas presentaranse ante a afección laranxa o 5 de outubro, co Troula FS. Os primeiros derbis comarcais tocarán fóra de Vista Alegre, nas xornadas 4ª e 8ª, na casa do Superti (19 de outubro) e do Xove FS (19 de novembro). A competición porá o punto e final o 26 de abril de 2014, co desprazamento á pista do Pazos de Borbén.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.