05/09/2013

Burela FS Pescados Rubén -Xota Navarra con Energy en directo

En 2013-14 volverá o espectáculo televisivo a Vista Alegre, coa emisión dende Energy do primeiro partido do Burela FS Pescados Rubén na casa. Será na segunda xornada de Primeira LNFS, o venres 20 de setembro, ás 21.00 horas.
Burela FS Pescados Rubén -Xota Navarra con Energy en directo

Energy retransmitirá cada venres ás 21:00 horas o partidazo da xornada e levará o mellor espectáculo a todos os fogares da xeografía nacional. Xa se confirmaron os cinco primeiros partidos televisados da Liga regular, sendo o primeiro o derbi galego entre o Santiago Futsal e Azkar Lugo.

 

Cinco primeiros partidos designados por Mediaset

 


Venres 13 de setembro: Santiago Futsal-Azkar Lugo

Venres 20 de setembro: Burela FS Pescados Rubén-Xota Navarra

Venres 27 de setembro: Inter Movistar-FC Barcelona Alusport

Venres 4 de outubro: Montesinos Jumilla-Jaén Paraíso Interior

Venres 11 de outubro: Marfil Santa Coloma-FC Barcelona Alusport

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.