06/09/2013

Supercopa de España, novo reto ante un eterno rival

Supercopa de España, novo reto ante un eterno rival

O Burela FS Pescados Rubén internarase nun novo reto esta fin de semana ante un eterno rival; en terras madrileñas agárdao o primeiro chanzo cara á Supercopa de España. Despois de arrebatarlle o título de liga e Copa de España, o cadro mariñán volverá verse as caras co Atlético de Madrid Navalcarnero o domingo, as 13.00 horas (pavillón La Estación).



A escuadra laranxa partirá mañá ás 13.30 horas con rumbo ao encontro de ida da Supercopa, coa mala noticia das ausencias de Jozi, Paula e Marcela por lesión. “Dispoñemos dun cadro xusto e saltaremos á pista do Navalcarnero co hándicap de tres baixas, o que nos dará menos posibilidades e xogo. No entanto iso non serve de desculpa. Intentaremos sacar o máximo rendemento ao equipo; temos capacidade de sacrificio, pundonor e traballo para competir a un alto nivel e podemos intentalo. Se sabemos medir os tempos poderemos chegar aos minutos finais mantendo o nivel físico para competir” explicaba con optimismo o técnico laranxa, Quico Otero.



O viveirense tamén destacou o entusiasmo que reina no vestiario por este novo desafío: “Imos coa máxima ilusión para regresar con algo positivo de Madrid” aseguraba o adestrador, reflexionando sobre o reencontro, sobre o cara a cara do domingo: “Chegamos en dous momentos moi diferentes. Medirémonos a un equipo moi feito, con case toda a base do ano pasado, e nós estamos nun período de cambios e aclimatación, aínda que tamén é certo que a resposta está sendo excelente por parte de todo o grupo”.



Vista Alegre vivirá a gran final co seu arquirrival no encontro de volta o sábado 14 de setembro, ás 20.30 horas. A bomboneira será unha festa!



 



NON ERA UN SOÑO! [Trailer-Arracada Producións]



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.