09/09/2013

Burela FS, subcampión do Desafío Star Center

Burela FS, subcampión do Desafío Star Center

O Burela FS Pescados Rubén despediuse da pretempada proclamándose subcampión do Desafío Star Center da capital galega, despois de medirse na gran final ao Santiago Futsal (2-0). O cadro mariñán resolveu a semifinal ante o H. Llevant Manacor FS cun gol de Matamoros moi próximo ao descanso; pola súa banda os anfitrións impuxéronse ao Colegios Arenas Gran Canaria 3-2.



O Burela FS tomou a iniciativa en ataque fronte aos santiagueses, que xa antes de chegar ao ecuador da primeira parte se cargaron de faltas. Non obstante, o cadro compostelán soubo aproveitar unha falta ao bordo da área para adiantarse no marcador, cun forte lanzamento de Palomeque (minuto 12). Os de Juanlu buscaron a igualada con acertadas aparicións de Raúl. No minuto 15 puido estar o ansiado empate, nun dobre penalti de Matamoros que botou fóra.



No segundo período, ambas as porterías se resistiron aos asedios rivais. A 3 minutos para o final Juanma saíu como porteiro-xogador; sen conseguir perforar a meta local, foi  Quintela quen anotou a 50 segundos para a bucina final cun disparo dende o seu campo.



O Hospital Llevant Manacor obtivo a terceira praza despois de vencer o Colegios Arenas Gran Canaria por 4-3.



 



Manacor FS 0-1 Burela FS



Manacor FS: Miguel Medina, Vadillo, Joselito, Manu Orellana, Chicho, no cinco inicial; tamén xogaron Joao, Terrón, Pope, Bruno, Vega.



Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Matamoros, Christian e Antoñito, no cinco inicial; tamén xogaron David, Iago Míguez, Juanma, Álex, Carlitos.



Goles: 0-1, minuto 19, Matamoros



Tarxetas amarelas: Carlitos, minuto 10; Vega, minuto 15; Joselito, minuto 26.




Santiago Futsal 2-0 Burela FS



Santiago Futsal: David, Lucho, Raúl, David Pazos, Diego Quintela, no cinco inicial; tamén xogaron Barroso, Palomeque, Eloy Rojas, Pablo Tallón, Chus, Santi



Burela FS Pescados Rubén: Álex, David, Isi, Matamoros, Antoñito, no cinco inicial; tamén xogaron Edu, Mimi, Iago Míguez, Juanma, Christian



Goles: 1-0, minuto 12, Palomeque; 2-0, minuto 40, Diego Quintela



Tarxetas amarelas: Santi, minuto 8; Christian, minuto 12; Mimi, minuto 20; David Pazos, minuto 24; Iago Míguez, minuto 26.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.