13/09/2013

Primeiro desafío en Peñíscola

Comeza o espectáculo da Liga Nacional de Fútbol Sala e o Burela Pescados Rubén inicia o seu ilusionante proxecto disputando a primeira xornada na cancha do Peñíscola Bodegas Dunviro, equipo recentemente ascendido á Primeira División. O duel
Primeiro desafío en Peñíscola


     A escuadra mariñá afronta o inicio de competición coa esperanza da vitoria na xornada inaugural do campionato nacional. O adestrador burelés, Juanlu, considera que o seu equipo “chega preparado para competir nunha pista complicada xa que contan cunha afección que anima e empuxa moito ao seu equipo. Estamos lonxe do potencial de xogo, circunstancia lóxica e razoable debido ás novidades no equipo, pero satisfeitos coa preparación que realizamos”.

 

    O conxunto levantino afronta a súa estrea na categoría con idéntico obxectivo que os laranxas; comezar a competición cunha vitoria e co factor cancha coma un dos seus argumentos máis sólidos “xa que a súa afección é un xogador máis e obrígaos a xogar con alegría. Por iso, imaxino que serán atrevidos e ambiciosos para corresponder á ilusión da súa xente neste regreso á Primeira División”.

 

Convocatoria: Edu, Alex, Mimi, Iago Míguez, Isi, Hugo, Christian, Antoñito, David, Juanma, Carlitos e Matamoros.

 

 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.