15/09/2013

O Atlético de Madrid campión da XI Supercopa de España

Non puido ser. O Atlético de Madrid proclamouse campión da XI Supercopa de España tras caer derrotado en Vista Alegre por 2-0 ante un Burela Pescados Rubén que xogou ben as súas bazas e acariñou a opción da remontada. O resultado do choque
O Atlético de Madrid campión da XI Supercopa de España



   O Burela Pescados Rubén afrontou o reto da remontada arroupado pola súa afección e mostrou coraxe para discutir o título a un conxunto rojiblanco conservador. A punto estivo o Burela de aproveitar esta circunstancia para dar a sorpresa, a falta de acerto nas ocasións xeradas impediu aumentar a dose de emoción e incerteza polo título.

 

  No primeiro periodo a intensidade e o aspecto defensivo foron protagonistas. As madrileñas expuxeron pouco en ataque, en busca dunha contra que difuminara a remontada laranxa. Pola súa banda, a escuadra dirixida por Quico Otero buscaba a súa oportunidade para iniciar a escalada e gozou dun par de ocasións por mediación de Lidia e Lara. Co bonus roxiblanco de faltas completo, Lidia dispuxo dun dobrepenalti, minuto17, que lanzou demasiado alto. Sen movemento no marcador chegouse ao descanso.

 

  No segundo acto, as burelás intensificaron o seu dominio e chegou o tanto de Peque a pase de Bea Mateos, minuto 22, que abría un buraco á esperanza. O choque transcorría con demasiadas imprecisións por ambos conxuntos e Quico Otero, a doce minutos do final, decidiu apostar polo xogo de cinco. No minuto 29, Ju Delgado foi expulsada por dobre cartón amarelo e o Burela logrou sacar proveito a superioridade numérica. Antes, as roxiblancas gozaron dunha gran ocasión de Anita Luján cuxo disparo golpeou ambos paus. Maite non perdoou e marcou o 2-0 pescando un balón solto no área visitante.

 

  O 2-0 aumentou a intensidade de Vista Alegre e un Atlético dubitativo entregouse definitivamente á procura de contragolpe mortífero. As mariñás que mantiñan a súa aposta de cinco en busca dun terceiro gol que alimentase a esperanza non se rendían. Coas locais envorcadas, o Atlético logrou conectar unha contra pero Patri gañou a partida no man a man con Natalia. No tramo final, chegaron as mellores ocasións laranxas para escalar na remontada pero a escasa definición impediu complicar o triunfo madrileño.

 

 

FICHA TÉCNICA
    
Burela Pescados Rubén: Patri, Claudia, Peque, Bea, Maite –cinco inicial- Lidia e Lara.

Atlético de Madrid: Belén, Ju Delgado, Anita Luján, Ro, Cris Llano –cinco inicial- Rocío Sevilla, Leti, Natalia, Fabi e Jenny.

Goles: 1-0, m.22, Peque; 2-0, m.31, Maite.

Árbitros: Presedo García e Amor Vizoso. Colexio galego. Amonestaron con cartón amarelo a Peque, do Burela Pescados Rubén. No Atlético de Madrid expulsaron a Ju Delgado por doble cartón amarelo

Incidencias: Partido de volta da XI Supercopa de España disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 800 espectadores. Ademáis dos representantes da Real Federación Española de Fútbol,  institucións e organismos oficiais; cabe destacar a presencia na final do seleccionador nacional de fútbol sala, José Venancio López Hierro.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.