23/09/2013

A familia laranxa, galardoada como Mellor Club Galego do Ano

A familia laranxa, galardoada como Mellor Club Galego do Ano

O Burela FS Pescados Rubén recibiu o venres pasado o galardón de Mellor Club Galego de 2013 na Gala do Fútbol Sala que celebrou a Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo. A entidade laranxa acudiu ao acto do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, representada polo fundador de Pescados Rubén SL, Rubén Blanco, o directivo do club Marcelino Luna, as xogadoras de Primera División RFEF Jozi, Paula e Marcela e o preparador físico Pablo Díaz.



Rubén Blanco recolleu a devandita distinción na compaña do alcalde de Burela, José María González Barcia, amosándose orgulloso por “recibir un premio que simboliza a recompensa ao traballo que o club leva realizando durante más de dez anos, con dedicación na formación de base e proxección no fútbol sala de elite”. O fundador de Pescados Rubén, patrocinador principal da entidade burelista, tamén destacou o esforzo e compromiso do club laranxa por seguir mantendo unha sólida estrutura como referencia do fútbol sala galego e español, despois dos grandes triunfos da tempada pasada.



A familia laranxa e precisamente os éxitos do seu equipo de Primeira División RFEF tamén recibiron outro recoñecemento a semana pasada, coa estrea do documental ‘Non era un soño’. O traballo audiovisual, de Arracada Producións en colaboración con Logaidea Comunicación, proxectouse por primeira vez ante o público o xoves pasado, na casa da cultura de Burela. As/Os protagonistas do histórico dobrete de Liga e Copa 2012-13 puideron rememorar con emoción a súa xesta, xunto a directivos, xogadores e persoal da entidade, autoridades municipais, representantes de empresas patrocinadoras e numerosos afeccionados/as.




Semana Europea da Mobilidade



O fútbol sala laranxa pechou onte a Semana Europea da Mobilidade, organizada polo Concello de Burela, coa xa tradicional actividade ‘Dispara a Gol’. Lidia Mesías, Jozi, Maite, Juanma, Iago Míguez e Carlitos reuníronse na praza do Concello para gozar dunha entretida tarde de fútbol sala cos máis pequenos/as, afinando a súa portería cunha divertida portería xigante como diana.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.