25/09/2013

Matamoros tamén ten gol con España

Matamoros tamén ten gol con España

O pivote laranxa Jorge Matamoros volveu amosar unha destacada participación no segundo amigable de España ante Bélxica en Ceuta. A Vermella conseguiu derrotar de novo o combinado belga (8-2), coa achega goleadora do xogador do Burela FS Pescados Rubén, autor do segundo tanto; a selección mostrouse superior e mellorou o seu xogo con respecto ao día anterior, no que se impuxo 5-2. Pecha a serie de amigables con 13 goles a favor e 4 en contra.



Ficha técnica



España: Jesús Herrero, Ortiz, Aicardo; R. Usín; Sergio (cinco inicial)Rafa; J.Ruiz; Pola; Borja; Matamoros; Raúl Campos.



Bélxica: Morant; Rahou; Rosa; Chaibai; Neukermans (cinco inicial) Dendane; Dahbi Samir; Bezerra Do Carmo; Bali; Salhi; Dahbi Reda, Benetti.



Goles: 1-0, c. Ortiz (4´); 2-0, Matamoros (4´); 2-1; Chaibai (13´); 3-1, Borja (14´); 4-1, Borja (14´); 5-1, Aicardo (26´); 6-1, Neukermans ( 28´p.p); 7-1, R. Usín (33´); 8-1, R.Usin (35); 8-2 Neukermans (36)



Árbitros:  Juan José Cordero Gallardo e Manuel Linares López (C. Andaluz), T. amarela a Rahou.



Incidencias: Encontro amigable disputado o 24/09/13 no pavillón Guillermo Molina de Ceuta. Estiveron no palco, o presidente da Federación de Fútbol de Ceuta, Antonio García Gaona; o presidente da cidade autónoma de Ceuta, Juan José Vivas Lara; e o delegado do Goberno en Ceuta, Francisco Antonio González. Pavillón cheo

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.