30/09/2013

A Marea prepárase para asolagar Lugo

A Marea prepárase para asolagar Lugo

A fiel marea que sempre arroupa o Burela FS Pescados Rubén, prepárase para asolagar Lugo, capitaneada pola Pataca Naranxa. A peña acompañará o equipo de Juanlu no primeiro derbi galego de Primeira LNFS 2013-14, o venres 4 de outubro, no municipal da cidade amurallada (21.00 horas).



Ata o xoves  3 de outubro todos os socios/as da Pataca poderán apuntarse para o desprazamento no número de teléfono 607 74 87 86; o custo da viaxe, coa entrada para o partido e bocadillo, será de 10 euros. O resto das persoas interesadas poderán inscribirse no caso de que queden prazas libres.



O autobús partirá ás 19.00 horas da cafetería Vista Alegre, ao lado da estación de servizo, e regresará ao finalizar o encontro.




Sube a bordo



Coincidindo co gran duelo provincial, a peña burelista vén de lanzar a campaña de socios/as 2013-14 baixo o lema ‘Sube a Bordo’, para animar aos afeccionados/as a embarcarse á festa do fútbol sala cun colectivo que, dende 2004, ateiga Vista Alegre e percorre os pavillóns de España facendo gala do sentimento laranxa.



Youtube: Sube a bordo 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.