21/10/2013

Superti 5- Burela FS B

Superti 5- Burela FS B

O Burela FS Pescados Rubén B viviu un bonito derbi comarcal na pista do Superti A Pontenova, moi equilibrado, aínda que coa nota amarga do resultado desfavorable (5-3).



O gol temperán de Keko, xa no minuto 3, non freou os locais, que igualaron a contenda no 12, a través de Santi, e tomaron a iniciativa un minuto máis tarde, grazas a Marcos (2-1). No entanto, os laranxas non estaban dispostos a deixarse dominar e conseguiron volver ás táboas, cun dobre penalti de Manu, a catro minutos para o descanso.



Á volta, o Superti estivo máis acertado nas súas ocasións e antes de cumprirse o ecuador da segunda parte, en tan só dous minutos, puxo terra por medio, con 4-2 xa no 28, de Carlos e Miguel. A falta de 10 minutos, o Burela FS quedou sen Manu, amoestado coa segunda amarela. O conxunto local aproveitou a superioridade numérica para manter a renda no marcador, unha vantaxe que aínda ampliou no 38 (5-2), con Diego, ante a arriscada resposta dos de Lucas con porteiro-xogador. Os da costa tiraron de caste na recta final, acurtando distancias Aitor (5-3), no 39, pero o tempo esgoutouse sen máis posibilidades.



Ficha técnica



Superti A Pontenova: Josiño, César, Santi, Solla e Marcos, cinco inicial; tamén xogaron Carlos, Diego, Pablo, Miguel



Burela FS Pescados Rubén: Brais, Antón González, Hélder, Manu e Keko, cinco inicial; tamén xogaron Alemán, Xoel, Aitor, Pancho, Javi



Goles: 0-1, minuto 3, Keko; 1-1, minuto 12, Santi; 2-1, minuto 13, Marcos; 2-2, minuto 16, Manu (d.p.); 3-2, minuto 27, Carlos; 4-2, minuto 28, Miguel; 5-2, minuto 38, Diego; 5-3, minuto 39, Aitor



Árbitros: Borja Darriba // David Castro (Lugo)



Tarxetas: Por Superti, amarelas Pablo e Carlos; por Burela FS a Xoel e Manu (dobre amarela).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.