22/10/2013

Un padriño de luxo

Un padriño de luxo

O IES Monte Castelo de Burela tivo honra de contar cun padriño de luxo o sábado pasado na apertura oficial do Curso 2013-14 de formación de adestradores, da Federación Galega de Fútbol. O seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, estivo acompañado polo directivo do Comité de Fútbol Sala da FGF, José Luís Sáez, e o coordinador dos ciclos e director da ED Burela FS Pescados Rubén, Alfonso Mera.



Baixo o título ‘Planificación e organización da Selección Nacional Absoluta. Mundial de Tailandia 2012’, Venancio López abordou, entre outros temas, as funcións do corpo técnico da selección, a programación de Tailandia, o perfil dos xogadores seleccionables e a valoración e análise da participación dun xogador no xogo. Ademais do futuro alumnado, tamén asistiron ao relatorio corpos técnicos, xogadores e xogadoras do CD Burela FS Pescados Rubén, así como afeccionados.



O técnico da Vermella pechou a súa visita en Burela presidindo o palco de autoridades de Vista Alegre, no trepidante empate do CD Burela FS (2-2) ante o gran campión de Primeira División LNFS, FC Barcelona Alusport.



 



Inicio lectivo



Este será o terceiro ano que o IES Monte Castelo acolla cursos baixo a organización da Federación Galega de Fútbol, cuxo inicio lectivo 2013-14 está programado para comezos de novembro. En marzo de 2012, o seleccionador nacional xa participou na formación de adestradores impartida en Burela, cunha lección magistral centrada na táctica e o liderato.



A matrícula para os ciclos de Nivel 1 e 3 aínda estará aberta uns días. O de Instrutor de Fútbol Sala Base Nivel 1 pechará o venres 1 de novembro e o de Adestrador Nacional de Fútbol Sala Nivel 3 estará aberto ata o luns 4 de novembro.



PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTEN CON ALFONSO MERA (670321857)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.