25/10/2013

Triunfo solvente con remontada

Triunfo solvente con remontada
Remontada e vitoria contundente por 2-6 do Burela Pescados Rubén na complicada pista do Ribeira Navarra que vencía por 2-0 aos oito minutos de xogo. Tras un bo inicio dos bureleses, un minuto fatídico obrigou ao conxunto laranxa a remontar os goles de Palmas e Joselito. Tralo tempo morto solicitado por Juanlu, o Burela Pescados Rubén iniciou a remontada comandada por Iago Míguez, autor do 2-1. Os mariñáns comezaron a solventar con maior seguridade a presión local e a xerar ocasións aínda que Alex tamén tivo que aplicarse para evitar que o Ribeira aumentase a súa renda. No sprint final do primeiro periodo, o mellor xogo dos galegos trasladouse ao marcador con goles de Hugo e Iago Míguez. Co 2-3 chegouse ao descanso e na continuación os navarros saíron a por todas pero o Burela soubo frear o seu embestida inicial e manexar os tempos do partido. Antoñito encargouse plasmar a superioridade burelesa marcando o 2-4, minuto 29, e pouco despois Pato, técnico navarro, apostou polo xogo de cinco que resultou infrutuoso e permitiu ao Burela Pescados Rubén finiquitar o choque cos goles de Isi e Matamoros que completaron o set triunfal en Tudela. Ficha técnica Ribera Navarra: Molina, Lolo, Rubí, Andresito, Charlie–cinco inicial- Palmas, Luisma, Roger, Alex Fuentes, Joselito. Burela Pescados Rubén: Alex, Mimi, Hugo, Antoñito, Matamoros –cinco inicial- Iago Míguez, Isi, Christian, David e Juanma. Goles: 1-0, m.7, Palmas; 2-0, m.8, Joselito; 2-1, m. 11, Iago Míguez; 2-2, m.19, Hugo, 2-3, m.20, Iago Míguez; 2-4, m.29, Antoñito; 2-5, m.38, Isi; 2-6, m.39, Matamoros Árbitros: Bernabéu Haro e Rabadán Sáinz. Amosaron cartón amarelo a Roger do Ribera Navarra e polo Burela Pescados Rubén a Christian e Antoñito. 800 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.