06/11/2013

O Burela FS cóase en oitavos de Copa na prórroga

O Burela FS cóase en oitavos de Copa na prórroga

O Burela FS Pescados Rubén gañou onte o pase a oitavos de final da Copa do Rei logo dun duro partido na pista do Melilla FS, de Segunda División (1-2). Os pupilos de Juanlu proclamáronse vencedores da eliminatoria, logo dun encontro no que a falta de acerto na primeira parte e a pouca frescura da segunda os obrigaron a recorrer ao tempo de prórroga.



Os mariñáns demostraron o seu dominio na primeira parte, aínda que puideron aproveitar máis ocasións para chegar con máis vantaxe ao descanso. Iago Míguez abriu o marcador no minuto 16, 0-1. No regreso á pista, o rendemento burelista baixou e chegou o empate de Melilla FS, no minuto 30, con gol en propia porta de Antoñito. “A fatiga da viaxe comezou a notarse. O equipo cometeu imprecisións por non estar fresco, ante un rival que apertou máis; con todo respondemos cunha boa defensa” explicaba o técnico do Peixes Rubén.



A escuadra laranxa fixo un sobreesforzo na prórroga. “No primeiro tempo experimentamos un cambio grande fisicamente, aínda que tamén nos faltou acerto” analizaba Juanlu, que a pesar do gol de Antoñito que daría a vitoria definitiva, no minuto 43, lamentaba o fallo dun penalti de Matamoros, no 41, e doutro, de Juanma, e un dobre penalti, de novo de Matamoros, catro minutos máis tarde. Na segunda parte do tempo extra, os mariñáns souberon conservar a súa renda cun unha sólida defensa, ante o xogo de cinco dos locais.



O sorteo para oitavos realizarase o vindeiro mércores, 13 de novembro, ás 12.00 horas na sede da RFEF. A eliminatoria disputarase entre o 10 e o 11 de decembro, a partido único.



Resultados:



Sporting San Vicente 4-2 Colegios Arenas Gran Canaria
Cartagena 4-1 Jaén Paraíso Interior
CDFS Ategua 0-4 Inter Movistar FS
Hospitalet Bellsport 4-4 Umacón Zaragoza (penaltis 1-4 para Zaragoza)
FS Nazareno 4-6 CD Dominicos
Maxon Montcada 3-1 Xota FS
Noia FS 5-4 Marfil Santa Coloma
Temisas CDF 0-5 Azkar Lugo FS
Fonononós Gomerón 1-9 FC Barcelona



Mércores 6 de novembro



Carnicer Torrejón-ElPozo Murcia
Uruguay Peruanos-Ribera Navarra
Ziérbana-Peñíscola
Caja Segovia-Santiago Futsal
Brihuega FS-Jumilla Montesinos
O Parrulo FS-H. Llevant Manacor




Ficha técnica



Melilla FS: Yiyo, Rafita, Yusef, Billete, Kiko, cinco inicial; tamén xogaron Donoso, Dantas, Bilall, Lonchu



Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Hugo, Matamoros, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Burrito, Iago Míguez, Isi, Juanma, Carlitos



Goles: 0-1, minuto 16, Iago Míguez; 1-1, minuto 30, Antoñito (p.p.); 1-2, minuto 43, Antoñito



Árbitros: Cordero Gallardo//Linares Lopez (Cádiz)



Amoestacións: Polos locais, amarela a Yusef (13), Lonchu (40), Kiko (45) e Dantas (45); polos visitantes, amarela a Iago Míguez (10), Mimi (17), Isi (17), Hugo (35), Matamoros (38) e Antoñito (50)



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.