15/11/2013

O Burela FS volve á liga coa visita do Colegios Arenas en tempos difíciles

O Burela FS volve á liga coa visita do Colegios Arenas en tempos difíciles

Tras a xornada de descanso e a conservación da sexta praza de Primeira LNFS, o Burela FS Pescados Rubén volve á competición coa visita dun vello coñecido, Colegios Arenas Gran Canaria, que chega a Vista Alegre en tempos difíciles, como pechacancelas da clasificación, con 0 puntos. A 11ª xornada entre insulares e galegos está prevista para as 18.30 horas.



O cadro laranxa intentará defender a súa clasificación ante un rival que virá moi motivado para conseguir os primeiros puntos da tempada. “Estamos preparados para todo, aínda que sabemos que será un partido perigoso” aseguraba Juanlu na súa volta á liga. “É un equipo que aínda non puntuou pero está competindo, aínda que en pequenos detallles non están acertados e iso acábaos condenando. En calquera momento poden reaccionar e nós non queremos ser os primeiros damnificados” advertía o adestrador laranxa.



”Para o afeccionado é probable que xa saiamos á pista con 3 puntos e non é así. Non podemos relaxarnos” explicaba o técnico, ao que o capitán Juanma puntualizaba: “É un equipo que vai vir facer dano, non é merecedor da clasificación actual e estao demostrando, sobre todo na evolución das últimas xornadas; domina a faceta de porteiro-xogador, tanto a favor como en contra, e pode dar a volta ao marcador en calquera momento”.



Nas filas laranxas, Juanlu non poderá contar co viveirense Christian, que continúa con molestias na zona isquiotibial. Xunto á recente marcha de Zeus e Yoni, no club insular serán baixa Cristian, por un proceso gripal, e Yeray e Laurino, lesionados.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.