22/11/2013

Recta final por un soño

Recta final por un soño

O Burela FS Peixes Rubén visitará a pista do Jáen Paraíso Interior FS no duodécimo compromiso de Primeira, mañá ás 18.00 horas. Esta será a primeira das catro finais que quedan por diante na última recta para conseguir o soño da Copa de España.



A escuadra laranxa, que xa adestrou esta mañá en terras xienenses, saltará á pista “con moitas ganas” despois do agridoce empate na casa con Gran Canaria (2-2). Verase as caras cun equipo dirixido polo ex-burelista Dani Rodríguez, que defende a undécima praza, con 8 puntos, 7 por baixo da sétima posición dos galegos; ata o momento repártese os puntos entre a casa e a domicilio con dúas vitorias (3-4 Gran Canaria e 6-3 Marfil Santa Coloma) e dous empates (4-4 Zaragoza e 2-2 Montesinos). “É un rival que deu un serio aviso da súa fortaleza como local no seu último partido en La Salobreja, vencendo con solvencia ao Marfil (6-3)”.



Os da Mariña mediranse a un rival “que tende a presionar en cancha contraria e cunha defensa en zona que crea moitas dificultades” segundo analiza o técnico burelista. “Sabemos que gañar supón un grande esforzo en calquera partido pero confiamos en reaccionar ben. Xa nos enfrontamos a sistemas de xogo similares, con Umacón Zaragoza e Ríos Renovales, e con resultados diferentes; perdemos en Zaragoza (3-1) e gañamos en Tudela (2-6). Desas dúas experiencias extraemos conclusións para saber como medirnos a Jaén”.



O adestrador dos laranxas tamén reflexionou sobre a transcendencia dos tres puntos en La Salobreja: “Se non sumamos complícasenos o obxectivo, aínda que seguiremos con opcións. En cambio, se gañamos, estaremos a un paso e con tres oportunidades máis de chegar á nosa meta ao peche da primeira volta”, concluía Juanlu.



A única ausencia nas filas mariñás será a de Christian, que poderá incorporarse con normalidade aos adestramentos a partir da próxima semana logo dunha lesión de isquiotibiais.



Día do club. A próxima semana o Burela FS Pescados Rubén celebrará o terceiro e último partido da tempada como Día do Club, coa visita a Vista Alegre do líder, Inter Movistar; o encontro do sábado 30 de novembro comezará ás 16.30 horas, con emisión en directo de TVG2. A venda anticipada de entradas estará dispoñible desde o luns 25 pola tarde na sede do club laranxa.



 



PREZOS PARA SOCIOS



Abono Individual: 5 euros



Abono Familiar: 5 euros/entrada



Abono Estudante: 5 euros



Abono Xuvenil: 5 euros



Abono Xubilado: 5 euros



Abono Infantil: 1 euro




PREZOS PARA NON SOCIOS



Maiores de 14 anos: 20 euros



De 0 a 13 anos: 3 euros

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.