28/11/2013

O Burela FS B viaxa á Fonsagrada cun punto de vantaxe

O Burela FS B viaxa á Fonsagrada cun punto de vantaxe

O Burela FS Pescados Rubén B viaxará este sábado á Fonsagrada nunha excelente etapa defendendo a cuarta praza (16 puntos) cun punto de vantaxe sobre o  Ribeira FS, que ocupa a sexta praza empatado co Santiago Futsal (15). O encontro da décima xornada de Terceira División comezará ás 12.30 horas (pavillón municipal).



Os de Iván Cao, Lucas, desafiarán as boas individualidades dos locais para buscar o seu cuarto triunfo consecutivo e engancharse ao podio ante un rival que chegará ferido despois da apertada derrota na pista do Santiago (4-3); á parte dos composteláns, nas últimas sete xornadas, tan só o ADFS Bueu puido arrebatarlle os puntos ao Ribeira FS (1-2, sexta xornada) noutro encontro tamén moi disputado.



Se non hai contratempos de última hora, o vestiario laranxa contará co regreso á convocatoria de Bruno de Nois, tras estar ausente dende comezos de tempada por rotura do quinto metatarsiano.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.