26/12/2013

Espectáculo en Energy TV: Magna Navarra vs Burela Pescados Rubén

O Burela Pescados Rubén despide o 2013 desde Energy TV nun duelo espectacular co Magna Navarra. O venres día 27, ás 20.30 horas, comezará a rodar o balón en Anaitasuna coas cámaras de Energy TV en directo.
Espectáculo en Energy TV: Magna Navarra vs Burela Pescados Rubén

A escuadra navarra atravesa un gran momento e está invicto desde a xornada 12; tres vitorias e un empate que o elevaron ata a quinta posición con 25 puntos. Na primeira volta o resultado en Vista Alegre resultou favorable aos navarros (1-2). Pola súa banda, a escuadra burelesa chega tras dúas vitorias, Copa do Rei e Liga, e con ganas de certificar a súa melloría cunha vitoria no complicado feudo navarro. O Burela Pescados Rubén é oitavo con 19 puntos e un triunfo “daríanos máis seguridade e confianza xa que realizamos bo xogo, sobre todo o último mes e medio, pero non sempre logramos traducilo en vitorias” comentou o técnico burelés, Juanlu.

 



Respecto ao Magna Navarra nada novo no horizonte, dabondo coñecido o nivel dos navarros que son sempre un rival complicado e que no seu feudo multiplican as súas prestacións cunha afección que fai ruxir Anaitasuna, o templo navarro do Fútbol Sala. A columna vertebral dos navarros está formada polo coñecido trío Eseverri, Jesulito e Rafa Usín e o seu estilo de xogo é “moi práctico e fiable. Apenas conceden erros e saben buscar perfectamente as debilidades de rival. Gústalles o xogo directo e o contragolpe” Os pamplonicas son unha escuadra que interpreta moi ben o tempo dos partidos e ademais “teñen calidade para definir. Nós xogaremos as nosas armas e imos con moitas ganas de despedir o 2013 cun triunfo”.

 

LNFS: vídeo promocional Magna Navarra vs Burela Pescados Rubén

 


CONVOCATORIA

BURELA PESCADOS RUBÉN: Edu, Alex, Mimi,Iago Míguez, Isi, Hugo, Christian, Carlitos, Antoñito, Burrito, Juanma e Matamoros. * Último adestramento xoves 26 as 17.30 horas en Pamplona.


MAGNA NAVARRA: Asier, Alex, Marc Tolrá, Eseverri, Víctor Arévalo, Íñigo, Jesulito, Carlitos, Roberto Martil, Rafa Usín, Dani Saldise y Joni. Observacións: Eseverri duda ata última hora. En caso de ser baixa, entra na convocatoria Javi Saldise.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.