27/12/2013

Derbi galego para despedir o 2013

Despois do parón polo Torneo Mundial o Burela Pescados Rubén retoma a competición ligueira cun derbi galego ante o Poio Pescamar, correspondente á xornada 12 da Primeira División. O choque dispútase o sábado día 28, ás 18.30 horas en Vist
Derbi galego para despedir o 2013



Tras prácticamente un mes sen competir, exceptuando as internacionais; Lidia, Peque e Jozi, as pupilas de Quico Otero retoman o pulso da competición ante un rival “compricado que xa coñecemos polo duelo en Copa Galicia no que nos custou vencelas (1-3). É unha escuadra que sempre compite pero tiveron que adaptarse á categoría; ao ritmo e a competitividade. Agora son mellor equipo nese sentido” manifestou o técnico burelés que destaca do seu rival “a verticalidade, a pegada e as súas accións de estratexia. Debemos estar moi concentradas para non conceder ningún tipo de vantaxe”.

 

En referencia ao seu equipo considera que o parón da liga “ten unha dobre lectura para nós. Por unha banda veunos moi ben xa que tiñamos a moitas xogadoras con molestias e foi tempo para descansar e recuperar. Pero tamén foi excesivo xa que é case un mes sen competir e veremos como nos enganchamos de novo ao ritmo de competición. O Poio é un rival que nos vai esixir ofrecer unha boa versión si queremos conquistar a vitoria”. Paula é baixa para o derbi e Patricia é dúbida ata última hora.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.