10/01/2014

O campión empeza o 2014 en Gironella

O Burela Pescados Rubén retoma a competición en 2014 ante o Gironella FSF, unha pista tradicionalmente complicada para o conxunto mariñao. O duelo entre catalás e galegas, correspondente á xornada 13 da Primeira División, dispútase o sábado
O campión empeza o 2014 en Gironella
O Burela Pescados Rubén desprázase a Gironella coa nova incorporación do equipo, Daniela Montoya, que poderá debutar “si atopamos o momento adecuado para iso. É unha xogadora que nos pode aportar moitas cosas pero acaba de incorporarse e debemos ser cautos” sinalou o adestrador burelés, Quico Otero. Respecto ao encontro manifestou que “é un partido difícil ante un rival moi competitivo, ordenado, defensivamente forte e con xogadoras de calidade. No seu feudo multiplican as súas virtudes, son o conxunto menos goleado en casa así que debemos estar ao noso mellor nivel para conseguir a vitoria”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.