18/01/2014

Cómoda victoria do Burela que suma a sexta consecutiva

O Burela Pescados Rubén imponse por 4-0 ao Lacturale Orvina, sexta vitoria consecutiva, nun partido que Peque encarrilou no minuto inicial para abrir o candado visitante previsto.
Cómoda victoria do Burela que suma a sexta consecutiva
As pamplonicas acusaron o golpe e Maite conseguiu aumentar a renda local no minuto sete. Tras unha acción persoal apoiouse en Lara que asisitiu perfectamente ao segundo pao onde Maite non perdoou. A pesar do 2-0 nos primeiros compases, as visitantes mantiveron a súa idea inicial de esperar en 15 metros en busca dun contragolpe. O control do xogo só tiña cor laranxa aínda que as navarras lograron corrixir os seus desaxustes defensivos para chegar co 2-0 ao descanso.

Na segunda parte, máis do mesmo. O Lacturale cedía a iniciativa ao Burela Pescados Rubén que con paciencia e sen conceder ocasións conseguiu marcar o terceiro. Daniela Montoya estreouse en Vista Alegre cun gol (3-0) ao transformar un penalti cometido sobre Peque. O 3-0 sentenciaba o choque e aínda que as navarras o intentaron con porteira xogadora apenas xeraron perigo. Bea Mateos redondeou o marcador (4-0) no último minuto.

Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Lidia, Peque, Maite –cinco inicial- Claudia, Lara, Daniela, Cris, Silvia.

Lacturale Orvina: Ana, Maite Garde, Cristina, Maialen, Bea Garde –cinco inicial- Sandra, Jessica, Maite Villanueva, María Talavera, Irune, Rebeca,

Goles: 1-0,m.1, Peque; 2-0, m.7, Maite; 3-0, m.32, Daniela; 4-0, m.40, Bea Mateos.

Árbitros: Gael García y Juan Rodríguez del colegio de Asturias. Amonestaron con cartulina amarilla a Maite Villanueva, Maialen y a Sandra Soto en el Lacturale.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 da Primeira División RFEF. Encontro disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 500 afeccionados. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Adela López Ramos e María José Suárez López, victimas da violencia de xénero.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.