21/01/2014

Burela disfrutará do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub 17

Burela é a sede do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub-17, evento que se celebra desde o 22 ao 26 de xaneiro. Durante cinco días a localidade mariñana será testemuña das evolucións das novas promesas
Burela disfrutará do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub 17

A presentación do Campionato de España realizouse hoxe, martes día 21, no Salón de Plenos do Consistorio Municipal de Burela. Na presentación estiveron presentes numerosas autoridades nun acto presidido polo Alcalde de Burela; D. José María González Barcia que manifestou que “este evento demostra, unha vez máis, o compromiso de Burela co deporte base e, en concreto, co Fútbol Sala”, o Secretario Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia; D. José Ramón Lete Lasa que destacou que “Galicia é a meca do Fútbol Sala con tres clubes masculinos e seis femininos na máxima categoría e Burela é o centro neurálxico deste deporte con dous equipos; masculino e feminino, en Primeira División”; o Presidente do Subcomité dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas no CNFS da RFEF; D. Gonzalo de Azkárate-Gaztelu y Suárez que resaltou “a importancia de conseguir un acordo dentro da Federación Galega de Fútbol no que converxen e se potencian os intereses do Fútbol Sala de Galicia. Unha proba evidente do beneficio desta unión interna apréciase en que podemos gozar da celebración dun evento de magnitude nacional na capital do Fútbol Sala de base galego, como é Burela"; e o Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol; D. Ángel Antonio Fernández Lendoiro que celebrou que “Burela sexa a sé deste Campionato de España xa que é un referente nacional do Fútbol Sala. Desde a Federación Galega de Fútbol estamos tremendamente orgullosos e honrados de colaborar coa Real Federación Española de Fútbol na organización deste evento”.



 



Outras autoridades presentes no acto inaugural do Campionato de España foron o Delegado de Deportes en Lugo da Xunta de Galicia; D. Manuel Otero Méndez, o Tenente Alcalde do Concello de Burela; D. Manuel Fernández Vale; o directivo da Federación Galega de Fútbol; D. José Luís Sáez Castro, o directivo do CD Burela FS Pescados Rubén; D. Rubén Blanco Fernández; a Concelleira de Deportes do Concello de Burela; Dna. Beatriz Piñeiro López; o Concelleiro de Deportes do Concello de Cervo; D. Luís A. Guillén Menéndez; e os membros da corporación municipal de Burela; D. Alfredo Llano García e Dna.Remedios López Villar (PSOE), e D. Mario Pillado Mon (BNG)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.