06/02/2014

Xornada lonxe da casa para as xoias laranxas

Xornada lonxe da casa para as xoias laranxas

Esta fin de semana a base laranxa deixarase ver pouco na casa. Dos diez encontros programados para esta xornada, tan só tres se poderán presenciar en Vista Alegre: os conxuntos Benxamín, Alevín e Infantil C, que se verán as caras con CFS Cidade de Viveiro, Escolas Celeiro Xove e ED Riotorto o sábado, a partir das 10.00 horas.



No resto dos encontros de Deporte Escolar, Xove será o destino para o Cadete B e o Infantil B o venres; este último desprazarase a Barreiros tamén o sábado.



En Autonómica, cadetes e infantís mediranse á ED Vigo 2015 o domingo. O conxunto infantil tamén terá dobre traballo; o venres saltará á pista do CD Mare Nostrum.



Na Liga Prebenxamín da Mariña, a ED Burela FS xogará fronte ás Escolas Celeiro Xove FS, o domingo.



Selección Galega. Esta fin de semana tamén é prolífica para as concentracións coa Selección Galega. Os cadetes burelistas Aarón Fernández, Noé Cabana e Mamadou Diouf foron convocados para unha concentración no Carballiño, entre o venres e o domingo. O pavillón Paco Chao da localidade ourensá tamén acollerá a estadía do combinado irmandiño infantil, na que participarán os laranxas Luismi Nieto e Néstor Valle.




Liga Autonómica Cadete



ED Vigo 2015-CD Burela FS
Domingo 9 de febreiro, ás 17.00 horas, no pavillón de Navia de Vigo



Liga Autonómica Infantil



CD Mare Nostrum FS-ED Burela FS
Venres 7 de febreiro, ás 20.30 horas, no pavillón Os Campóns de Cambre



ED Vigo 2015-ED Burela FS
Domingo 9 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón de Navia de Vigo



Deporte Escolar



ACD Xove Cadete-CD Burela FS Cadete B
Venres 7 de febreiro, ás 19.15 horas, no pavillón municipal de Xove



ACD Xove Infantil-ED Burela FS Infantil B
Venres 7 de febreiro, ás 18.15 horas, no pavillón municipal de Xove



EDM Barreiros Infantil-ED Burela FS Infantil B
Sábado 8 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Barreiros



ED Burela FS Infantil C-ED Riotorto Infantil
Sábado 8 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



ED Burela FS Alevín-Escolas Celeiro Xove FS Alevín A
Sábado 8 de febreiro, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



ED Burela FS Benxamín-CFS Cidade de Viveiro Benxamín
Sábado 8 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



Liga Prebenxamín da Mariña



Escolas Celeiro Xove FS-ED Burela FS (Prebenxamín 1)
Domingo 9 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón de Celeiro

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.