O cadro de Lucas visita o Vilalba FS, farol vermello
O Burela FS Pescados Rubén B visita este sábado o Vilalba Peugeot FS , farol vermello de Terceira. O duelo provincial arrincará ás 18.00 horas, no municipal da vila chairega.
Dende a sétima praza, con 26 puntos, os laranxas desprázanse para facerse co triunfo ante un rival que só leva 9 puntos en 17 encontros. Os locais non puntúan dende a décimo terceira xornada, cita na que se impuxeron ao Ribeira FS por un rifadísimo 7-6; o resto dos puntos puido arrincalos na casa co Santiago Futsal (3-2, xornada 4) e A Fuga Xove FS (2-2, xornada 11) e fóra co Pazos de Borbén (1-1, xornada 3) e Supertir A Pontenova (2-2, xornada 7).
O técnico mariñán espera un encontro co mesmo corte da primeira volta, no que os laranxas se impuxeron por 5-2. “Veremos un rival moi pechado, que esperará o noso erro para aproveitalo, como xa se viu en Vista Alegre” adiantaba Lucas, facendo un chamamento á concentración dos seus xogadores porque “cos equipos de abaixo acostumamos a ofrecer peor imaxe da que deberiamos e cometemos algunhas imprecisións un pouco inxenuas”. “Co regreso de Luis de Cospeito o rival subirá un chanzo”, advertía o adestrador burelista.
Sen Antón Couto, con lesión de clavícula, nin Carlitos, convocado para Primeira LNFS, Lucas poderá contar de novo con Manu, tras a sanción dun partido imposta na Estrada.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas