22/02/2014

Tres puntos valiosos

Vitoria emocionante do Burela Pescados Rubén ante o Universidade de Alacante (4-3) nun partido moi disputado e equilibrado que Peque decantou no tramo final. O triunfo laranxa permítelle á escuadra de Quico Otero manter o ronsel do líder, A
Tres puntos valiosos
O encontro disputado en Vista Alegre resultou igualado con momentos favorables para ambos conxuntos sendo o Burela Pescados Rubén o que comezou mellor o choque. Durante o dominio inicial das burelesas lograron unha renda de 2-0 con goles de Bea Mateos, tras disparo desde a frontal, e Peque culminando unha rápida transición, minuto 9 de partido. Intentaron crear maior perigo as alicantinas pero o Burela anuló a súa reacción e chegouse ao descanso co 2-0. No segundo acto, chegou a mellor fase para o Universidade de Alacante que sorpredeu ao Burela e logrou empatar (2-2) no minuto 27. O intercambio de golpes foi en aumento e nunha boa xogada Lidia lograba o 3-2, cun potente disparo no minuto 32. Non tardou en chegar a resposta levantina para empatar, outra vez, o duelo sendo Mónica a protagonista. Sen tregua ambas escuadras apuraban as súas opcións de vitoria e a balanza inclinouse do bando local co 4-3 conseguido por Peque, minuto 38, selando un importante triunfo na loita pola Liga. Ficha técnica Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Claudia, Lidia -cinco inicial- Daniela, Lara. Universidade de Alacant: Toñi, Txitxo, Andrea, Amelia, Sareta –cinco inicial- Pao, Andrea, Mónica. Goles: 1-0, m.6, Bea Mateos; 2-0, m.9, Peque; 2-1, m.21, Sareta; 2-2, m.27, Andrea; 3-2, m. 32, Lidia; 3-3, m.35, Mónica; 4-3, m.38, Peque. Árbitros: Cubero Díaz, Zarza Sánchez. Asturias. Amosaron cartón amarelo a Pao, m.22, do Universidad de Alicante. Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 da Primeira División. Pavillón Vista Alegre de Burela, 500 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.